Novas medidas europeas contra o branqueo de capitais


Tras unha serie de escándalos, incluído o branqueo de 200.000 millóns de dólares por parte do banco danés Danske Bank, Bruxelas ten previsto crear unha nova axencia de supervisión para o diñeiro sucio. O seu paquete de propostas lexislativas busca fortalecer as regras e ao mesmo tempo contrarrestar o financiamento do terrorismo. Estes son algúns dos elementos crave do paquete anti-branqueo:

– A axencia supervisará as actividades financeiras transfronteirizas, podendo impoñer multas.

– Controlará os provedores de criptomonedas.

– Haberá un límite para pagos en efectivo de 10.000 euros.

Os países que non adoptasen de forma adecuada as directivas existentes agora estarán obrigados a aplicar as regras de maneira uniforme. Algo que é un factor crave para evitar un fracaso asegura o membro da Comisión de Orzamentos do Parlamento Europeo, Eero Heinäluoma.

A nova axencia antibranqueo debería estar lista en 2024 e empezaría a funcionar máis tarde. Aínda que para iso aínda ten que recibir a luz verde dos Estados membros e o Parlamento Europeo. Agora empeza a loita por ver que país acollerá a sede da nova axencia.