Novas medidas para facer fronte á crise sanitaria | Consulta


O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o decreto polo que se adoptan novas medidas para facer fronte á crise sanitaria en toda a comunidade autónoma e a orde pola que se establecen normas de prevención específicas para o período comprendido entre o 27 de xaneiro e o 17 de febreiro, entre elas as seguintes:

Todos os concellos galegos quedan pechados perimetralmente.
➡ Nas reunións, tanto en espazos públicos coma privados, quedan limitadas a persoas conviventes.
➡ Mantense a limitación da mobilidade nocturna de 22.00 a 06.00 horas.
➡ Mantense o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feira.
➡ Nos velorios poderán participar 5 persoas, en interior, e 15, en exterior. E nos enterros, 15 persoas como máximo.
➡ Os comercios que non formen parte de centros ou parques comerciais pecharán ás 18.00 horas.
➡ As feiras non poderán superar o 50% dos postos habituais ou autorizados.
➡ A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.
➡ Hoteis e aloxamentos turísticos poderán manter a súa actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados segundo a normativa vixente.
➡ Están permitidas a actividade cinexética a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se realice con carácter individual ou con persoas conviventes.
➡ Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados e se garanta a distancia interpersoal.
➡ A práctica da actividade física e deportiva non federada só poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico.
➡ Quedan prohibidos os espectáculos públicos e as actividades recreativas e decrétase o peche de establecementos culturais, deportivos, de xogo e de ocio, así coma de restauración agás para entrega a domicilio ou recollida no local.
➡ Suspendese a actividade lectiva presencial nos centros educativos de réxime especial.