Lisboa impón novas restricións tras o sensible aumento de casos de coronavirus nas últimas dúas semanas. Tanto a capital portuguesa como varios municipios da área metropolitana impoñerán a partir deste martes unha serie de novas medidas coas que facer fronte ao preocupante repunte en toda a zona. O primeiro ministro, reunido en São Bento cos alcaldes das cinco cidades implicadas (Lisboa, Loures, Odivelas, Sintra e Amadora) era o encargado de anuncialo:
“Imos aprobar unha lei que faga que aumente a presenza das nosas forzas de seguridade nas rúas, e tamén aumentaremos as multas para quen organice ou realicen reunións ilegais”, dicía António Costa sobre o actual aumento deste tipo de encontros. “Tamén volveremos poñer o límite de reunións sociais en dez persoas”. As novas medidas implican tambien o peche das tendas ás oito da tarde (con excepción dos restaurantes con servizo de comidas) e un maior control sobre o funcionamento dos centros comerciais. Portugal conta actualmente con preto de 40.000 casos e 1.534 falecidos.