Continúan os traballos de mellora e acondicionamento de diferentes espazos municipais en Muxía. Recentemente realizáronse tarefas de limpeza en Vilarmide, Quintáns e Palusa, á vez que se recuperou a área recreativa de Morpeguite.
Todos estas intervencións foron levadas a cabo polo alumnado dos obradoiros de emprego, pero da segunda fase encargaranse os operarios municipais grazas á financiación do Plan de Emprego Local (PEL Deputación). Realizaranse labores de ornamentación, pintura e reparación de elementos en mal estado noutras zonas rurais do municipio.
Javier Romar, Concelleiro de Obras e Parroquias, coordina estes traballos e intervencións nas zonas rurais e destacou a importancia «de poñer a punto estes espazos que levaban varios anos sen ter mantemento».