Novas melloras nas áreas recreativas e espazos veciñais de Muxía

Cedida

Continúan os traballos de mellora e acondicionamento de diferentes espazos municipais en Muxía. Recentemente realizáronse tarefas de limpeza en Vilarmide, Quintáns e Palusa, á vez que se recuperou a área recreativa de Morpeguite.

Todos estas intervencións foron levadas a cabo polo alumnado dos obradoiros de emprego, pero da segunda fase encargaranse os operarios municipais grazas á financiación do Plan de Emprego Local (PEL Deputación). Realizaranse labores de ornamentación, pintura e reparación de elementos en mal estado noutras zonas rurais do municipio.

Javier Romar, Concelleiro de Obras e Parroquias, coordina estes traballos e intervencións nas zonas rurais e destacou a importancia “de poñer a punto estes espazos que levaban varios anos sen ter mantemento”.