Novas mobilizacións dos transportistas do carbón


Comezan un novo peche na Casa do Concello das Pontes co obxectivo de esixir unha transición enerxética que tome en conta os colectivos afectados. Solicitan que se planifique unha descarbonización máis xusta.


Ademais prevén percorrer un treito do camiño de Santiago dentro do novo calendario de mobilizacións que están a perfilar. O seu obxectivo principal é reclamar unha transición enerxética xusta, para que poidan ter marxe suficiente para buscar outras alternativas. A problemática do peche de Endesa tradúcese en cifras para estes traballadores. Aseguran que nos últimos oito meses xa perderon máis de 17 millóns de euros. Un desgaste económico, din, que xa pasa factura a toda a comarca.