Aparcamentos para embarazadas e a remodelación dun parque, novas propostas do PSOE de Carballo

2 minutes read
  • Unha das mocións será a creación de prazas de aparcamento público para mulleres embarazadas
  • Tamén levarán a debate no plano o reacondicionamento do parque da Praza do Hospital

O Partido Socialista de Carballo levará á debate no próximo pleno a creación de prazas de aparcamento público para embarazadas con mobilidade reducida transitoria ou familiares que transportan bebés por determinadas circunstancias.

Segundo os socialistas, faise necesario mostrar unha sensibilidade maior con todos estes pais, ofrecéndolles a oportunidade de que teñan acceso a un aparcamento de forma máis idónea. Para o PSOE de Carballo tamén é significativo que os centros comerciais privados se presenten máis solidarios que os concellos á hora de reservar prazas de aparcamento para mulleres embarazadas ou familias con bebés.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Socialista propón para aprobar polo
pleno municipal a creación de prazas públicas reservadas especificamente para mulleres embarazadas e familias que transporten bebés; prazas que ademais estarán preto dos centros de saúde e institucións educativas, así como nos edificios das administracións públicas. Os propios técnicos serán os que determinen a documentación necesaria a presentar polos potenciais usuarios para solicitar a correspondente acreditación.

REACONDICIONAMENTO DO PARQUE DA PRAZA DO HOSPITAL Para o grupo socialista o parque infantil da praza do Hospital, ubicado no barrio do mesmo nome e bordeado polas rúas Nicaragua e Cuba, sofre dende fai tempo, unha serie de carencias. Sinalan que existe unha falta de mantemento axeitado, así como de vixilancia e de control sobre as actividades incívicas.

Entre os problemas que ven sobresaen o caucho do chan, que se atopa desprazado en numerosos puntos do parque, pintadas pouco apropiadas por culpa dos actos vandálicos, o abandono e desuso da fonte, tapas dos sumidoiros partidas e pouca vixilancia na zona.

Por iso queren que se emprenda unha remodelación profunda na praza en xeral e no parque en particular, ademais de potencialo para desconxestionar outros que están masificados.