Novas pintadas na Catedral de Santiago


A Catedral de Santiago amenceu esta mañá con varias pintadas, unha na escalinata de acceso na Praza do Obradoiro e outra no arco de Xelmirez.

O Concello compostelán denunciou esta nova agresión o patrimonio
e púxose a disposición da Catedral de Santiago para colaborar no que sexa necesario.

As pintadas serán analizadas por expertos para determinar a forma de eliminalas. Cabe lembrar que a limpeza das últimas pintadas realizadas na Catedral de Santiago supuxo un gasto superior aos 12 mil euros.

A Policía xa abriu dilixencias para aclarar que pudo haber pasado. O Alcalde da cidade Martiño Noriega condeou o feito do ataque. O presidente da Xunta tamén deixou constancia en twiter do seu rechazo a este tipo de feitos e espera que caia todo o peso da lei sobre os responsables.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, explicou aos medios de comunicación a necesidade de coordinar co resto de administracións un sistema de videovixilancia arredor da Catedral de Santiago, como elemento disuasorio “para que este tipo de atentados contra o patrimonio non se repitan”.

Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo manifestou “o máis profundo rexeitamento” ás novas pintadas que apareceron na contorna do Templo compostelán e a praza do Obradoiro. Uns actos, en palabras do titular de Cultura, “que enturbian a imaxe de Galicia e son un atentado contra o patrimonio”.

O Conselleiro de Cultura e Turismo en rolda de prensa.