Novas probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

1 minutes read

Está previsto realizalas este xoves e o venres, días 22 e 23, trátase dunha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alcoa, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 horas do día 22 augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón. A partir desa hora as probas desenvolveranse ata as 13,00 horas, rematando na presa de Albarellos, en Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle. Ao día seguinte, o venres 23, retomaranse as probas ás 09,00 horas na presa de Vilagaduin, en Tordoia, e rematarán ás 13,00 horas na de Velle, en Ourense.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?