Novas sesións terapéuticas con cans entre AFABER e Aloumiños

Cedida

Esta semana, usuarios da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (AFABER), en colaboración coa Asociación de Persoas con Necesidades Específicas da Costa da Morte (Aloumiños), puideron desfrutar dunha segunda sesión terapéutica con cans.

A terapia con animais en persoas con demencia busca promover «unha mellora psicolóxica, social, emocional e
cognitiva das persoas participantes», destacan desde AFABER, aproveitando os beneficios que se producen na interaccións cos
cans ao traballar os recordos vinculados a estes animais ao longo da súas vidas.

Ambas entidades firmarán un convenio de colaboración para a realización de actividades de carácter interxeracional entre persoas usuarias de ambas asociacións, así como formativo para persoas coidadoras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha