Novas xornadas de pesca “O Pindo é mar”


Esta fin de semana a Confraría de Pesca do Pindo será un dos grandes epicentros da cultura mariñeira a nivel galego, grazas á XIV edición das Xornadas de Pesca “O Pindo é mar”.

Este sábado 29 ás 10:30 horas os asistentes poderán acudir á inauguración destas iniciativas, que correrá a cargo do Presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira.

Ao longo da fin de semana haberá coloquios e charlas sobre os futuros desafíos das confrarías e a sostibilidade do seu desenvolvemento, así como sobre a historia da vila mariñeira do Pindo.

O toque musical poñerano Os Fundadores e As Xabiñanas, mentres que a poesía estará presente grazas a escritores como Xaime Trillo, Ismael Ramos, Chisco Fdez. Naval, Alexandre Nerium, Xosé Iglesias, Marta Dacosta ou Suso Bahamonde.