Nove arrestados por cultivo de marihuana en Cataluña


Varios operativos dos Mossos d´Esquadra permitiron localizar máis dun milleiro de plantas de marihuana en Figueres e Vialafant. Neste caso, os cinco detidos están sendo investigados polo cultivo de droga e tamén por fraude eléctrico, xa que se engachaban á rede xeral para alimentar as lámpadas.

Un día antes, os Mossos localizaron en Palamós outra plantación de marihuana valorada en 400 mil eurios nunha masía de Palamós. As plantas estaban agochadas nun galiñeiro da casa. Os axentes detiveron a 4 persoas.