Nove detidos nunha operación antidroga en Meicende


A Garda Civil de Arteixo detivo a nove persoas, sete delas como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, nunha operación antidroga en Meicende. Desta forma, como informou o poropio instituto armado, quedou desarticulado un punto de venda de substancias de estupefacientes na fase de explotación da ‘Operación Armeto’, que se iniciou tras ter coñecemento do traslado dos membros do coñecido como ‘o Clan da Mora’ desde as Casas de San José a un edificio de Meicende. Durante o dispositivo, incautáronse 164 dose de cocaína e heroína; 220 gramos de haxix; tres envoltorios con marihuana; substancias de corte; diversos fármacos; tres balanzas de precisión; unha prensa metálica; 5.760 euros en moeda fraccionada; diversas pezas de xoiería; 29 terminais de telefonía móbil; dous computadores portátiles; tres tablets; e diversas armas brancas. A operación continuou aberta, na tarde dese mesmo día detívose a outros dous compoñentes da organización. A presunta xefa do clan, coñecida como a A Mora, foi detida o venres 13. Os sete compoñentes do clan, así como as dilixencias practicadas, foron postas ao dispor do xulgado número 3 da Coruña, que decretou o ingreso en prisión de seis deles.