As acusacións chegan por parte de oito cantantes e unha bailarina, quen denuncian o acoso sexual durante tres décadas a partir de finais da década de 1980. A información publicada pola axencia de noticias norteamericana Associated Press detalla varias desas situacións. Ademais tamén asegura que entrevistaron case tres ducias de persoas, cantantes, bailaríns, músicos, persoal técnio e administrativo, que aseguraron que presenciaran «comportamentos inapropiados» de índole sexual por parte de Plácido Domingo, e que «perseguía a mulleres máis novas con impunidade». Sete das nove mulleres que denuncian estes comportamentos de Plácido Domingo aseguran que as súas carreiras se viron prexudicadas tras rexeitar as súas proposicións, e algunhas sinalaron que papeis que lles prometeron nunca se concretaron. Varias din que aínda que traballaron noutras compañías, nunca volveron ser contratadas para traballar con el.
49