Nove países europeos suspenden a vacinación con AstraZeneca

En Europa cada vez máis países suspenden as vacinacións co tratamento de AstraZeneca polos poucos casos de trombos en persoas xa vacinadas. As autoridades sanitarias descartan que a vacina provoque problemas sanguíneos, pero a Axencia Europea do Medicamento mantén aberta unha investigación e insiste que os beneficios do tratamento superan os riscos. E que non hai indicios de que provoque os trombos. Estanse a investigar todos os casos e tamén outras patoloxías circulatorias logo da vacinación coa dose de AstraZeneca, Bulgaria súmase aos seis países liderados por Dinamarca e Austria que frearon as inmunizacións con esa vacina. E Italia e Romanía bloquean a entrega dun lote.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha