Nove persoas das EB Xiria en Cantabria coas Seleccións Autonómicas

1 minutes read

Nove persoas das Escolas Balonmán Xiria forman parte da expedición galega no Campionato de España de Seleccións Autonómicas(CESA 2020) que se despraza a Cantabria para a disputa de dito torneo do 2 ao 7 de xaneiro.

Encabezada a expedición xiriareira polo adestrador do Goldie Xiria Carballo Turismo e do Hierros Varela Urbieta, Fernando Vázquez Quinteiro ao mando da Selección Galega Xuvenil Masculina conta cos carballeses Álex Gómez e Mario Cancela do Laber Xiria.

Os carballeses do Grupo Lemaco Xiria Julián García e Martín Fuentes forman parte da Selección Galega Cadete Masculina.

Tres son os rapaces do Garaysa Xiria que forman parte da Selección Galega Infantil Masculina: Érik Vázquez, Pablo Veiga e Xurxo Fraga.

A única representante feminina das Escolas Balonmán Xiria é Leticia Santos do Punta del Este Xiria que disputará o CESA 2020 coa Selección Galega Infantil Feminina.

Toda a información de partidos e horarios así como o STREAMING en directo de todos os encontros pódese seguir na web do CESA https://www.cesa2020.es/esp/.