Nove triatletas da A.D. Fogar competirán en Torremolinos na terceira das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon

Nove triatletas competirán esta fin de semana en Torremolinos na terceira das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon na que os da A.D. Fogar veñen participando na segunda división masculina grazas en parte ao patrocinio Xunta-Abanca. Nesta xornada final de Torremolinos dispútanse tres probas, o Campionato de España Super Sprint por Clubs, o Campionato de España de Tríatlón por Remudas Mixtas e o Campionato de España de Tríatlon Super Sprint por Clubes 2×2. Logo da segunda xornada celebrada en Banyoles no mes de xullo, os deportistas da A.D Fogar marchan nunha cómoda 8ª praza dos 15 equipos participantes dentro do obxectivo de manter este ano a categoría. A primeira competición da fin de semana será o sábado pola mañá coa disputa desde as 9 horas da proba Super Sprint por Clubes no formato de eliminatorias e final. O mesmo sábado á tarde turno para as Remudas Mixtas con saída ás 19 horas e o domingo a última proba será o Super Sprint por Clubs 2×2 a partir das 9 horas.

Related posts

Alcaraz conquista o seu segundo US Open ante Sinner e recupera o número un do mundo

A selección española de fútbol goleou a Turquía e encarrila a clasificación para o próximo Mundial

O Calvo Basket Xiria renova a Rubén Rey e Alex Iglesias