A partir das 20.00 horas, organizado pla Coral de Bergantiños, o auditorio do Pazo da Cultura acollerá este encontro musical no que a formación carballesa estará acompañada por dúas agrupacións convidadas: a Coral Alecrín de Brión de Ferrol e a Coral Casa do Mar da Coruña.
A Coral de Bergantiños, fundada en 1969, conta desde hai máis de 30 anos coa dirección musical de Gloria de los Ángeles Pardines. O concerto ofrece unha nova oportunidade para compartir o traballo de distintas formacións corais e celebrar a música colectiva. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto. A actividade conta coa colaboración da Concellaría de Cultura e do Centro Social San Xoán Bautista.
A programación complétase coa exposición do XIX Certame de Artes Isaac Díaz Pardo, que reúne no andar -1 do Pazo da Cultura unha selección de obras presentadas a esta convocatoria da Deputación da Coruña. Entre elas figura Intervalo 2024, de Ana Isabel Gesto Beiroa, galardoada co primeiro premio desta edición. A mostra poderá visitarse ata o 8 de decembro, de luns a sábado, en horario de 17.00 a 21.00 horas.
