Novembro de cine e activistas en escena da man de Senda Nova

O Espazo da natureza de Oza acolle un intenso mes de novembro. Un outono cargado de propostas que se mestura coas rutas interpretativas do OUTONO EN MARCHA. Estes proxectos teñen obxectivos que se vertebran tamén a prol da dinamización do rural a través do Espazo da Natureza de Oza e tamén de diferentes tipos de dinamización. Neste caso os filmes e os faladoiros serán a estrutura de intensas semanas de actividade.

ENCONTROS CON ACTIVISTAS

Terán o seu espazo nas tardes dos venres. Unha iniciativa que pretende difundir o traballo de persoas individuais na labor activista, dende diferentes ámbitos. Os faladoiros xirarán en torno a labor organizativa grupal en cada unha das diferentes iniciativas que desenvolven estas persoas en ámbitos e lugares diferentes. Dende Carballo a Honduras pasando por diferentes lugares da xeografía galega.

XOVES DE FILME

Os xoves ás 19h. será a quenda doutra xeira máis dos XOVES DE FILME cos obxectivos comúns doutras edicións onde se intenta visibilizar traballos audiovisuais de problemáticas ambientais de diferentes lugares así como filmes relacionados co patrimonio máis local e problemáticas ambientais galegas. Para esta nova andaina son protagonistas catro propostas moi diferentes, de zonas moi diferenciadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha