56
A historia repítese nun tramo de alta concentración de accidentes na estrada provincial DP-1914 ao seu paso polo lugar da Granxa na carballesa parroquia de Entrecruces, onde a velocidade está limitada a 50 km/h. Unha persoa resultou ferida tras o sinistro, un vehículo levou por diante un contedor de lixo e o peche dunha vivenda. Ao lugar acudiron unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico. Este domingo pola tarde no centro urbano de Carballo, houbo unha colisión por alcance con danos materiais ao quedar un coche sen freos, e noutro sinistro un motorista de reparto de pizzas tivo que ser trasladado ao centro médico tras chocar cun turismo.