Novo acto vandálico na escultura da Ferida, en Muxía

Monumento 'A Ferida'_Cedida

  • O monumento, que lembra o accidente do Prestige, mostra pintadas referidas á súa retirada

A escultura ‘A Ferida’, situada na zona da Barca no ano 2003 como recordo da traxedia do Prestige, amenceu este luns cunha pintada referida á súa retirada coa palabra «Quitádela?». O Concello ten previsto retirar a pintada cun produto especial no día de hoxe.

Os distintos partidos políticos da localidade móstranse moi descontentos con este novo acto vandálico, e condenan calquera tipo de pintada en superficies de valor artístico ou cultural.