Novo asalto nun bar de Carballo

1 minutes read

Os roubos non cesan nas últimas semanas nas comarcas da Costa da Morte e arredores, «A Silva, Paiosaco, Caión, Arteixo, A Laracha, Cerqueda, Pazos, Baio, Zas» e agora de novo en Carballo. Desta volta tocoulle o turno á Cafetería-Bar LB, situada na praza da Milagrosa. Eran as dúas e pouco da madrugada cando dous encapuchados de complexión delgada e armados cunha marra a emprenderon a golpes co cristal da fachada do local, ata facer un buraco e coarse dentro para esnaquizar a máquina comecartos co mesmo sistema e sacarlle «a especial» do caixón pola vía rápida, fuxindo de contado á carreira polo campo da feira. A propiedade puxo a denuncia correspondente, mentras, as forzas de seguridade tomaron pegadas e investigan os feitos para dar cos ladróns.