Novo bono concilia, que este ano se incrementa nun 10%

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a nova convocatoria do Bono Concilia. Esta axuda directa, dirixida a familias que non obtiveron praza nun centro público, experimentará este ano un incremento do 10% en todos os seus tramos.

A partir deste mesmo venres as nais e pais xa poden solicitar este bono, que contará cun investimento total de 2 millóns de euros, ampliables, para atender a todo o mundo que o pida e cumpra os requisitos. Deste xeito, para un neno que vaia á escola a xornada completa con comedor, o Bono oscilará entre os 50 euros e os 275 euros ao mes.

Para solicitar esta axuda débese ter pedido antes unha praza pública, e que ou ben fose denegada ou ben non se axuste ás necesidades de horario das familias. Esta axuda é compatible con outras destinadas tamén a pagar este servizo, sempre que non se supere o custo da praza.

Esta prestación beneficia na actualidade só aos primeiros fillos, xa que desde o mes de abril do ano pasado todos aqueles segundos fillos e sucesivos teñen o 100% da atención educativa gratis en calquera escola infantil, tanto pública como privada ou de iniciativa social.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha