Novo confinamento en Bélxica, Alemaña e o Reino Unido

1 minutes read

Bélxica e Alemaña estrean novas restricións este luns. O Goberno belga anunciou novas medidas contra o coronavirus que contemplan o peche de de todos os seus comercios «non esenciais», ata mediados de decembro, para tratar de evitar o colapso dos servizos sanitarios. Os comerciantes critican a xestión gobernamental. En Alemaña, as novas medidas aprobadas implican o peche, durante catro semanas, de bares, restaurantes, cines, teatros e ximnasios mentres que os colexios e as garderías permanecerán abertas. Un duro golpe para a economía alemá que terá un custo de 19.000 millóns de euros e provocará a perda duns 600.000 empregos. Desde o comezo da pandemia houbo en Alemania máis de medio millón de contaxios confirmados e preto de 10.500 persoas perderon a vida a causa do coronavirus. O Goberno de Boris Johnson seguirá os pasos de Francia e, a partir deste xoves, os británicos volverán facer fronte a un confinamento a nivel nacional coa esperanza de deter o avance da COVID-19.