Novo confinamento nacional en Francia


O presidente francés, Emmanuel Macron, anunciou este mércores un novo confinamento nacional,para tentar frear a expansión da pandemia de coronavirus polo país, aínda que menos estrito que o imposto o pasado mes de marzo,.

Macron afirmou nunha declaración televisada á nación que fai falta dar “unha freada brutal aos contaxios” para evitar o colapso dos hospitais.

Francia non foi o único país que acordou novas restricións. Con case 15.000 novos casos ao día, houbo acordo en Alemaña para endurecer as medidas anticovid. Italia notificou outros 22.000 novos contaxios en 24 horas. España e o Reino Unido van camiño de chegar ao millón de casos acumulados dende o inicio da pandemia.