Novo corte da estrada AC-453, ao seu paso por Ames e Val do Dubra, por mor das obras


O avance nas obras de mellora do firme na estrada AC-453, ao seu paso polos concellos de Ames e Val do Dubra, fará necesario un corte de tráfico este venres, día 12 de novembro. A circulación quedará restablecida ao final da xornada. O peche completo da circulación é necesario para acometer os traballos no cruce do final da estrada, no punto quilométrico 11,7, onde non é posible efectuar o estendido de aglomerado mantendo a circulación.

Os traballos nas zonas máis deterioradas céntranse no fresado e na reposición do firme, en anchos variables, dependendo da posición e extensión das deficiencias. Nas zonas co firme fisurado pero sen deformación, a rehabilitación consiste na extensión dunha capa de rodadura en todo o ancho do carril. As actuacións completarase coa reposición da sinalización horizontal e do balizamento, ademais do repintado nas zonas nas que se realice o fresado e a mellora do firme.