- As primeiras hipóteses apuntan a un microcorte eléctrico que impediu a chegada de auga ao depósito principal
A veciñanza de Muxía espertou este sábado sen auga nas súas casas. Segundo afirman desde o Concello, durante a noite producíronse cortes no sistema de abastecemento de auga que, segundo as primeiras hipóteses, foron producidos «polos microcortes eléctricos que estamos sufrindo na comarca nos últimos tempos».
Debido a estas incidencias as bombas que permiten a chegada de auga ao depósito principal desprogramáronse, producíndose o corte do suministro. Os operarios intentaron arranxar a avaría desde primeira hora restablecendo o suministro preto das dez da mañá, aínda que con pouca presión.
Desde o Concello aseguran que presentarán as pertinentes reclamacións á empresa subministradora da enerxía eléctrica polos problemas causados.