Novo corte de tráfico na ponte de Baio desde este luns

Imagen de archivo de las obras en el puente de Baio_Concello de Zas

  • Nun principio esta situación continuará ata finais do mes de novembro

Este luns volverá a producirse un corte de tráfico na ponte do Río Grande, que conecta A Piroga (Vimianzo) con Baio (Zas), debido ás obras de ampliación que está realizando a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Nun principio o peche prolongarase ata o 30 de novembro, habilitándose o desvío para o tráfico e manténdose operativo o paso de peóns.

Durante os últimos dous meses os vehículos podían circular por un só carril regulado por semáforos, se ben antes xa se producira un corte total.