Trátase da primeira edición desta formación coa que se pretende preparar aos axentes, da Policía Autonómica, Policía Local e efectivos da Policía Nacional destinados en Galicia, coas medidas necesarias para afrontar unha intervención en medio acuático de forma segura a través dos medios á súa disposición e en coordinación con outros servizos de emerxencias. Na última xornada do curso que se celebrou este venres na praia de Oza, na Coruña, tamén tivo lugar un simulacro de rescate acuático en augas abertas co que rematou a formación destes días. Durante toda a semana leváronse a cabo distintas actividades neste areal coruñés salvo o luns, o primeiro día do curso, que tivo como sede a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada nunha xornada dedicada aos primeiros auxilios e cunha parte máis práctica na piscina da Academia sobre natación e salvamento acuático.
35