Novo curso de formación de Cogami para mozas e mozos de A Coruña, Arteixo e Betanzos

Trátase dun curso de Actividades auxiliares de almacén no que participa un grupo de mozas e mozos de entre 18 e 29 anos procedentes destos tres concellos.

Esta formación está enmarcada nas axudas económicas para a selección de operacións para o reforzo da empregabilidade para persoas con discapacidade “Un a un” 2023-2024 cofinanciadas por Fundación Once e Fondo Social Europeo+ 2021-2027. «Unha Europa máis social e inclusiva», para os programas: Programa FSE+ de Emprego Xuvenil 2021-2027 e Programa FSE+ de Inclusión Social Garantía Infantil y Loita Contra a Pobreza 2021-2027.

Formacións como esta que imparte COGAMI en A Coruña contribúen á preparación e cualificación de persoas con discapacidade desempregadas, pretendendo mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral. Os datos do ano pasado reflicten que o 44% das persoas que se formaron con COGAMI, lograron atopar traballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha