«Un novo desastre medioambiental ameaza as nosas costas: da marea negra do Prestige a marea branca de pellets. Esiximos responsabilidades!» Diferentes asociacións medioambientais e políticas piden tanto o goberno español como o galego que actúen de xeito inmediato ante un novo desastre natural sen precedentes e cuxo impacto no noso medio pode ser irreversíbel.
Dende o día 13 de decembro 2023 comezaron a atoparse grandes cantidades de pellets de plástico, en sacos de mínimo 25 quilos, dispersos nas rías baixas, especialmente na ría de Muros e Noia. Os sacos levan o nome da empresa Bedeko Europe, con sede en Polonia. Os sacos atoparonse maioritariamente abertos e perdendo gran parte da súa carga tanto nos areais como principalmente no mar.
Todo apunta cara o reporte dunha perda de mercadoría de 6 contedores dun buque o pasado 8 de Decembro, á altura de Viana do Castelo, Portugal. Como mínimo, un destes 6 contedores levaba pellets, pero non se sabe de momentos cantos sacos levaba o contenedor, nin o que contían o resto. Á data deste 3 de xaneiro estimábase que se recolleran xa uns 52 sacos, pero seguen chegando noticias de pellets dispersos e sacos aparecendo en varias praias das Rías Baixas. Continúa a crise climática con sacos baldeiros flotando polas augas das rías, o igulal cos pellets dispersos principlamente dende Muros ata Ribeira. Descoñecemos como é a situación actual en outro puntos de Galicia. Na xornada deste xoves tamén se denunciou a aparición de sacos na Illa de Arousa, alargando aínda máis o territorio afectado, que se prevee que poida aumentar a toda a costa atlántica galega nas vindeiras xornadas.
De momento, nin a Consellería do Mar, nin o Goberno Galego nin o Goberno Español facilitaron a recollida destes plásticos. A Consellería do Mar, limitábase este xoves a informar de que emitirían proximamente unha carta informativa aos concellos afectados informando do protocolo de actuación e o procedemento de compensación dos custos de recollida destes residuos por parte da empresa armadora do buque. Pola súa banda, os concellos máis afectados, principalmente Muros, Porto do Son e Ribeira, xa informaron da insuficiencia dese protocolo mentras non colaboren activamente outros organismos na recollida, que de momento segue namais nas mans dos voluntarios, activistas e persoal dos concellos.
A Asociación Noia Limpa está utilizando as redes sociais para recibir información de persoas particulares preocupadas ao atopar estes sacos e grandes cantidades de pellets de plástico nas praias de varios concellos. A plataforma Noia Limpa foi a encargada da difusión deste novo desastre e chaman a cidadanía a colaborar na detección de novos puntos de vertido nas nosas costas, vixiando as prais que teñan próximas e comunicando os avistamentos de pellets a Noia Limpa nas súas redes.
Este xoves a alcaldesa de Muros, María Lago, convocou unha rolda de prensa para alertar de que os municipios «non teñen capacidade para asumir a limpeza de todas as partículas que están chegando á costa» e que, de non actuar cedo o resto de administracións, isto pode derivar «en catástrofe». «Actuaremos, pero sós non podemos atallalo», alertou. Ademais, a mandataria recalca a necesidade de establecer un plan de acción por parte das institucións superiores.
QUE SON OS PELLETS?
Estes pellets son microplásticos dun tamaño de menos de 5mm o suficientemente pequenos como para ser arrastrados polo vento e flotar na auga. A medida que permanecen no medio vanse descompoñendo e facéndose aínda máis pequenos. Neste caso, os sacos estaban identificados como estabilizadores de luz UV. Polo seu pequeno tamaño e peso lixeiro, é case imposible limpalos unha vez que se esparexen polas praias.
Ademais da súa toxicidade inherente, son “imáns” capaces de absorber toxinas e outros produtos químicos nocivos como son os contaminantes orgánicos persistentes (COP) que poden ser consumidos por outros animais ou fragmentarse e ser inxeridos polo plancton mariño, entrando con facilidade na cadea trófica. Ademais, os propios peixes poden morrer ao inxerir estes pellets e sentirse saciados cando non o están. Estímase que entre 52.140 e 184.290 toneladas de pellets perderonse no medio ambiente en 2019. Isto sería equivalente á perda de entre 21.000 e 73.000 camións de pellets cada ano (EU Monitor).