Novo día negro nas estradas galegas


Un falecido en Ourense tras sufrir unha indisposición ao volante

O sinistro tivo lugar cando circulaba co seu vehículo a altura do número 34 da Rúa de Vicente Risco, tras sentirse indisposto e saírse da vía bateu contra unha árbore.

Nada máis recibir a chamada de alerta, o persoal sanitario desprazaba unha UVI móbil ao punto, o 112 Galicia informou decontado aos axentes da Policía Nacional e Local. Desafortunadamente, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Duas persoas feridas en Oleiros

O accidente ocorreu a media mañá cando os vehículos circulaban pola AC-221, estrada que une San Pedro de Nos e Abegondo, en Vilanova. Un particular poñía en alerta ao 112 Galicia.

A partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos axentes de Tráfico e da Policía Local. Tamén, aínda que non foi preciso o uso do material de excarceración, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Arteixo nada máis ser alertados polo 112 Galicia.

Unha vez evacuados os feridos, persoal do servizo de mantemento da estrada encargouse das tarefas de limpeza da vía.

Outro falecido nun choque en Begonte

Tratouse dunha colisión frontal de un turismo con un camión. O suceso tivo lugar minutos antes da unha da tarde no kilómetro 10 da estrada LU-541, que comunica Rábade con Vilalba a altura do concello de Begonte. O falecido era o conductor do turismo, que resoutou ser J.O.S., un coñecido dentista de Lugo.

O Dr. falecido, o primeiro pola esquerda.