Novo éxito da AD Fogar na Copa de Europa Júnior de Caorle, en Venecia


Andrés Prieto Villar (Oleiros – 2003) engade outro éxito ao seu palmarés e escribe unha nova páxina na historia das internacionalidades da AD Fogar logo de acadar a medalla de prata na localidade de Caorle, Venecia, nunha das probas do calendario da ETU, a Copa de Europa Júnior de Tríatlon. Andrés que reaparecía despois da rotura do cóbado callou en Caorle unha actuación moi sólida clasificándose segundo na súa semifinal e acadando a medalla de prata na final a tan só catro segundos da victoria. Final na que saíu da auga no grupo dos mellores logo de nadar os 300 metros en 3’32”, grupo no que se mantivo nos dez quilómetros do segmento ciclista cun parcial de 13’33” para rematar os dous quilómetros da carreira a pé cun tempo de 5’44” para chegar á meta a catro segundos do italiano Euan De Nigro en 24’43”. A vindeira cita para Andrés será o Campionato de Europa Júnior de Tríatlon a celebrar os días 27, 28 e 29 de maio na localidade polaca de Olsztyn.