44
Un ano máis, e xa van 32, Oleiros celebrou a súa feira máis doce, unha nova edición da Feira do Mel. Este ano o tempo axudou e aínda estivo marcada polas medidas de seguridade relativas ao covid-19, pero xa con aforo completo. Do mesmo xeito que o ano pasado foi ubicada no polideportivo de Perillo. Alí, de 10 da mañá a tres da tarde máis de trinta de apicultores chegados de diferentes puntos de Galicia ofreceron os seus produtos relacionados maioritariamente coa mel, onde o prezo establecido por quilo foi, como en anos anteriores, de 10 euros. Miles de persoas pasaron polo recinto, que segundo as primeiras impresións deixou unha moi boa xornada de ventas, nunha das feiras con máis visitantes da comarca.