Novo éxito da Feira do Mel de Oleiros


Un ano máis, e xa van 31, Oleiros celebrou a súa feira máis doce, unha nova edición da Feira do Mel. Este ano estivo marcada, como todo, polas medidas de seguridade relativas ao covid-19. Aforo limitado, nada de probar o produto e un control de acceso minucioso, marcaron este domingo a asistencia a un novo escenario ubicado no polideportivo de Perillo. Alí, unha trintena de apicultores, chegados de diferentes puntos de Galicia, ofreceron os seus produtos relacionados maioritariamente coa mel, onde o prezo establecido por quilo foi de 10 euros. Este ano botáronse en falta as actividades paralelas, pero esto non impediu que miles de persoas se pasasen ordenadamente polo recinto, que segundo as primeiras impresións deixou unha boa xornada de ventas.

Feira do Mel, Oleiros 2020.