Novo éxito de «Baio ten a Pelota»

A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira acumula un novo éxito de «Baio ten a Pelota». Unha iniciativa que suma cada vez máis público e é que non faltou detalle. Tapas nos bares, descontos directos nos comercios, filloas, tren turístico, inchables para os máis peques, sorteos e encima 25 graos á sombra. Sumamos todos os ingredientes animados por unha boa charanga musical e a verdade é que non hai motivo para perderse cada edición deste evento. Ademais nesta ocasión, cun lema por unha causa moi xusta, «Zas sen recortes en Pediatría».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha