Novo éxito do golfista carballés Mario Díaz López

0 minutes read

O pasado sábado disputouse a 14° Proba da IV Edición do prestixioso Circuito Cadea Cope na categoria Sub-16. Mario Díaz, quedou Subcampión, empatado a puntos co primeiro, en Augas Santas Golf en Pantón. Ao quedar xa campión nunha das probas anteriotes ten asegurada a súa participación na final que se celebrará os días 28, 29 e 30 de setembro no Campo de golf de Meis, onde xogará con xogadores profesionais.