Novo éxito do golfista carballés Mario Díaz

1 minutes read

O xogador de Golf carballés Mario Díaz López consegue un novo éxito ao quedar primeiro da súa categoría na última proba da liga Galega Xuvenil da Federación Galega de Golf no Hércules Club de Golf (Arteixo), cun magnífico resultado de 77 golpes (+5).

Este domingo disputouse a última proba da liga Galega Xuvenil de Golf. O xogador carballés Mario Díaz resultou vencedor en cadete, conseguindo unha nova baixada do seu hándicap de 2 puntos colocándose en 7,6.

A axuda de su entrenador Sergio García segue dando moi bos resultados. Tamén tiveron excelentes marcas nas distintas categorías os seus compañeiros de equipo, Jorge Ramos (1° Boy), Andew Hill (2°Cadete), Javier Ramos (1°Infantil), Yago López (1° Alevin) e Antón Pérez (3°Infantil).