Novo éxito para a Escola de TRI AD.Fogar

O domingo día 21 de abril disputábase en Fene, a Final Provincial de Dúatlon Escolar na que 29  duatletas das Escolas de Tríatlon de Base que desde a AD.Fogar estan a promover en Carballo e Oleiros. As cousas non podían rodar mellor para os representantes, xa que ademais de facerse cun botín de 6 podios, 16 deles conseguiron tamén a súa clasificación directa para a Final Galega de Porto do Son. A primeira alegría da mañá chegaba da man do equipo alevín masculino, que se proclamaba Subcampión Provincial con Hugo Souto 3º (medalla de bronce), Manu Souto 12º e Óscar Alberte 14º. Os infantís facíanse co bronce por equipos con Sergio Soto 3º (medalla de bronce), Rubén Otero 5º e Gabriel Nuñez 17º. A participación por equipos pechábaa o cadete masculino como Campión Provincial  con Andrés Prieto 2º (medalla de prata), Álvaro Elizalde 6º, David Sancho 8º e Samuel Nuñez 10º. A mañá deixou outros bos concursos como o 4º posto do equipo alevín feminino que rozaba o podio con Carla Mourelle 19ª, Carmen Agrelo 21ª e María Puga 23ª ou as 8ª prazas de Paula Vicente na categoría benxamín e Marta González na cadete.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha