Novo incendio nas antigas casas dos maestros de Carballo

1 minutes read

Pasadas as nove da noite deste xoves tivo lugar un novo incendio nas casas dos maestros de Carballo, unhas antigas vivendas abandonadas situadas na parte alta da rúa Vázquez de Parga. Saía abundante fume por dúas fiestras dunha das vivendas do 1º piso. A chegada dos servizos de emerxencia, alertados polo 112, estaba ardendo un colchón situado nunha habitación, polo que os Bombeiros procederon á extinción do lume empregando uns 500 litros de auga. Descoñecen a orixe do incendio, que só afectou ao propio colchón e algúns enseres de arredor, sen haber persoas afectadas, todo indica a que o lume puido ser provocado.