Novo intento de atraco en Carballo

1 minutes read

Clientes da terraza dunha tasca situada na rúa Ponte da Pedra en Carballo foron testemuñas dunha presunta intimidación a un home maior por parte de dous mozos, aos que unha das testemuñas recoñeceu como irmáns e residentes nunha céntrica rúa da localidade. Ao decatarse que estaban a ser recoñecidos, os presuntos asaltantes déronse á fuga e a presunta vítima tamén se ausentou do lugar. Os feitos foron postos en coñecemento das forzas da orde, que investigan o ocorrido e se ademais puidese ter relación este caso con outro asalto con arma branca levado a cabo nas inmediacións o pasado martes día 24.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?