Novo minipunto limpo en Carballo

1 minutes read

Dende esta semana Carballo conta con tres minipuntos limpos. Aos instalados nas rúas Perú e Fomento vén de sumarse un terceiro na Vázquez de Parga, no coñecido coma cruce das Catro Portas. Este servizo facilita á cidadanía o correcto deposito de ata sete modalidades diferentes de residuos para a súa correcta reciclaxe: pilas convencionais, alcalinas, de petaca e de botón; teléfonos móbiles de baterías, CDs e DVDs, cartuchos de impresora de inxección, lámpadas de baixo consumo e pequenos residuos eléctricos ou electrónicos. O servizo leva funcionando dende o ano 2016 con bos resultados, xa que son moitos os produtos altamente contaminantes que grazas a este sistema de recollida reciben unha xestión axeitada.
Un bó día para utilizalos podería ser o luns, 5 de marzo, dado que se celebra o Día Mundial da Eficiencia Enerxética, instaurado no ano 1998 co obxectivo de reflexionar sobre o uso racional da enerxía e as súas consecuencias sobre o medio ambiente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?