Novo plan de compostaxe no concello de Ponteceso

1 minutes read
  • Durante xuño e setembro os veciños que o solicitaran previamente recibiron composteiros para crear o seu propio compost

O Concello de Ponteceso lanza un novo plan de compostaxe para «continuar fomentando entre a veciñanza o coidado do medio ambiente reducindo, con este tipo de iniciativas, os refugallos orgánicos que se depositan nos colectores», destacan desde o goberno local.

Durante os meses de xuño e setembro os veciños de Ponteceso que o solicitaran previamente recibiron do Concello composteiros par facer o seu propio compost. O Executivo segue traballando no fomento das prácticas sostibles e de coidado do medio, polo que pon á disposición dos interesados o número 981714000 para informarse desta nova iniciativa de reciclaxe.