Novo proxecto de discoteca, restaurante e hotel

1 minutes read

Unha empresa multinacional ligada ao sector da hostalería interésase pola situación da antiga Sala de Festas A Revolta. Entre os seus plans estaría tamén a compra de chan perimetral para aparcamento, ademais de proxectarse a construción dunha rotonda na parte frontal, que daría fluidez, mobilidade, acceso e máis seguridade tanto ao complexo de lecer como á conserveira Calvo, algo semellante ao proxectado no seu día por Ratisbona S.L. http://www.ratisbona.es/ para a creación dunha área comercial, que ao final non frutificou, o que sería un supermercado da marca comercial Plus, finalmente absorvido por Carrefour. Segundo as fontes consultadas, proxectaríase conservar a Sala de Festas – Discoteca, crear un restaurante con aparcadoiro privado na planta baixa e un hotel con medio cento de habitacións de luxo na planta superior.