Novo récord diario de falecidos en España


España rexistrou este mércores 864 novos falecidos en 24 horas, un novo récord diario. Trátase do quinto día consecutivo que a cifra está por encima dos 800. Ademais, supera os 9.000 mortos por coronavirus. En canto ao número de casos, rexistráronse 7.700 novas infeccións e o total supera os 100.000. A boa noticia é que descende a cifra de infectados respecto ao luns, cando se superaron os 9.000. O Comité de Xestión Técnica explicou que o relativo descenso de contaxios reflicte que as medidas de confinamento son eficaces. Tamén dixo que non é unha sorpresa os malos datos, porque reflicten o que era a situación fai unhas dúas semanas e esperan que coas severas medidas de corentena váianse reducindo as cifras nos próximos días.