Novo repunte en España: 619 mortos por coronavirus nun día


Novo repunte este domingo no número de falecidos por Covid-19 en España. Son 619, unha cifra superior aos 510 notificados o sábado, O número total de mortos por coronavirus en España ascende a 16.972 persoas desde o inicio da pandemia e os contaxiados son 166.019. Ademais, o total de pacientes recuperados ascende a 62.391. Mentres as Unidades Militares de emerxencias desinfectan diversas instalacións e espazos públicos, desde o Ministerio de Sanidade recomendan manter a distancia mínima dun metro (ou dous se é posible), o lavado das mans e a máxima hixiene nos espazos públicos e privados. Este luns renovan a súa actividade laboral traballadores de actividades non esenciais dalgunhas comunidades autónomas. O vicepresidente do Banco Central Europeo (BCE), Luís de Guindos, adiantou que a economía entrará en recesión, ao depender máis de servizos como o turismo, moi afectados pola pandemia.