Novo rexeitamento ó «Brexit»

Por terceira vez, Theresa May volveu a perder. O goberno rexeitou a saída da Unión Europea (UE) por unha maioría dos deputados (344 en contra e 286 a favor).

Ademais do que xa supón unha perda como esta, a data de hoxe (29 de marzo), tampouco favorece á situación, pois era o día que se supoñía que Reino Unido abandonaría finalmente a UE. De feito, miles de persoas a favor e en contra do “divorcio europeo” reuníronse en Westminster para manifestar a súa indignación.

Donald Tusk, presidente do Consello Europeo, convocou un cume extraordinario para o 10 de abril, onde lle comunicarán a Reino Unido un novo ofrecemento. Existen dous escenarios posibles: buscar unha alternativa (teñen ata o 12 de abril para solicitar outro posible adiamento da data de saída, para tratar de negociar un novo plan ou finalmente retirarse sen acordo) ou renegociar un acordo novo e atrasar a data do «Brexit».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha