A igrexa, e directamente os máis necesitados, tampouco se libran da ondada de inseguridade cidadá que está a vivir a capital de Bergantiños. Xa estabamos acostumados a todo, roubo e incendio de turismos, pelexas, roubos en comercios e casas… pero un ataque deste calibre que pode deixar sen alimentos a moitas familias, concretamente ás máis necesitadas, este Nadal, non estaba contemplado nin polas mentes máis perversas. O caso é que persoas descoñecidas forzaron as instalacións que Cáritas ten a modo de almacén nuns locales que hai xusto detrás da igrexa de San Xoán Bautista. Acto seguido os amigos do alleo levaron centos de quilos de todo tipo de alimentos non perecedoiros que se almacenaban para repartir entre as persoas máis necesitadas do municipio nas vindeiras datas. Nunca pasara semellante cousa, pero os cacos xa roubaran máis veces, tras cortar a lona, na carpa que Cáritas ten ano tras ano polo Nadal ubicada nas inmediacións da Igrexa de Carballo. Na mente de moitos está tamén o roubo de figuras do Belén ubicado na mesma porta da igrexa.
45