Novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón xunto ao colombiano Dvit Bousa


Enormous Tunes, o selo discográfico suízo máis importante do momento, saca á venda «One more Love», o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón xunto ao colombiano Dvit Bousa.

Baixo o seu Sub-selo Non Definition, o selo alpino aposta forte coa nova produción do sadense Frisco Taibo e os vilalbés Marcos Peón.

Dvit Bousa, Dj Frisco & Marcos Peon – One More Love (Original Mix)

Dentro dos produtores habituais de Enormous Tunes publican artistas internacionais como Croatia Squad, Nora En Pure, Passenger 10, Calippo, Stanley Ross ou Sons of Maria.

«One more love» é a cuarta colaboración entre Frisco e Marcos con Dvit, co que ademais produciron varios Remixes. Bousa está considerado como un dos produtores máis importantes do momento en Colombia.

Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro dá Silva, Nicola Fasano ou Silvio Carrano.