Novo toque de atención en Vimianzo por vertidos incontrolados

Concello de Vimianzo

  • Material de obra ou roupa inundan algunhas cunetas

O Concello de Vimianzo volve a denunciar nas súas redes sociais «lamentables imaxes» de vertidos incontrolados de material de obra, recheos de sofás e moita roupa en varias cunetas.

Desde o goberno local lembran que na localidade existe un punto limpo para depositar este tipo de residuos así como contedores específicos para as pezas de roupa dándolles así unha segunda oportunidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha